Agasol axudará a darlle un pulo á nova federación nacional de empresas de software libre, da que anunciouse a súa creación no marco do X Congreso Anual de Hispalinux que vense de clausurar no serán de hoxe en Cáceres. O Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas (CENATIC) mostrou o seu apoio a esta iniciativa e en xeral á comunidade de desenvolvedores e usuarios de software libre.
A directora xerente do CENATIC, Carolina Grau, anunciou que esta institución impulsará a creación dunha federación nacional de empresas de software libre, dentro da súa política de fomento de redes de cooperación e como un dos proxectos estratéxicos para o desenvolvemento do sector empresarial de software de fontes abertas. Na presentación desta federación Carolina Grau estivo acompañada por algúns dos protagonistas desta iniciativa, concretamente por Daniel Armendáriz, presidente de Esle, e Gonzalo Aller, presidente de Eslic, que explicaron que o principal obxectivo deste iniciativa é crear unha entidade que permita defender e promocionar os intereses das organizacións empresariais de software de fontes abertas no mercado das tecnoloxías e os servizos conexos “mediante a xeración e/ou apoio de proxectos conxuntos ou individuais, ou a organización de iniciativas de explotación do modelo de negocio do software libre para lograr a xeración de riqueza de forma responsable, asumindo desde o primeiro momento que as posibilidades de negocio das empresas deste sector xurdiron grazas ao traballo desinteresado e altruísta de toda unha Comunidade de persoas a nivel nacional e internacional”.
A xénese desta federación, que ten fixada a súa data de constitución o próximo 29 de febreiro de 2008, remóntanse ao III Congreso de Software Libre celebrado en Badaxoz en febreiro deste ano, onde se reuniron as asociacións empresariais de software libre de Canarias, Cataluña e Euskadi. O seu obxectivo é chegar a contar con todas aquelas asociacións empresariais que teñan, dentro dos seus obxectivos ou na súa estratexia a difusión, a promoción do uso do software de fontes abertas. Segundo dixeron, ao fixar a data de constitución para dentro de dous meses preténdese “dar máis tempo á posible creación de asociacións empresariais, así como á adhesión á iniciativa de cantas asociacións empresariais do sector estean interesadas”.
O apoio que o CENATIC prestará para impulsar a posta en marcha da federación concrétase en apoio xurídico para a constitución e rexistro da entidade, o ofrecemento de atención telefónica e da sede do CENATIC (na localidade pacense de Almendralexo) como sede fiscal da federación e como sede física para sesións de traballo e reunións, á vez que o CENATIC ofrecerá ás empresas socias apoio para a presentación de proxectos en colaboración, e a posibilidade de integrarse nos diferentes grupos de traballo do seu Consello Asesor.
Grau recordou aos case 500 congresistas presentes en Cáceres que o Centro constituíuse o 20 de novembro de 2006 coa misión de dar un pulo o aproveitamento das tecnoloxías de fontes abertas para beneficio da sociedade desde ámbitos como o empresarial, o da investigación, ou o da administración electrónica, entre outros, así como tratar de propiciar o establecemento de estándares comúns no uso de tecnoloxías abertas.
No tocante á comunidade de desenvolvedores e usuarios, Grau recalcou que o CENATIC é o único proxecto estratéxico nacional de promoción do software de fontes abertas, e que é unha entidade aberta á participación e cuxos proxectos asentar sempre sobre a base da colaboración. Neste terreo, Grau sinalou como fundamental a colaboración e as contribucións dos desarrolladores, aos que sinalou tamén como “figuras de especial interese” para a súa participación no Consello Asesor de CENATIC, que se constituirá ao longo de 2008 e que se está a promover durante os últimos meses a través de múltiples encontros sectoriais cos principais axentes do software libre de toda España.